Recollida de suxestións para a mellora continua

Estimados amigos e amigas,

Como xa coñecen, MeteoGalicia como Axencia Meteorolóxica en Galicia, provee aos cidadáns, cidadás e organizacións dunha serie de servizos relacionados tanto coa observación como coa predición meteorolóxica e outros relacionados co estudo do clima do país.

A vocación de servizo público, xerando confianza e, en consecuencia, a mellora continua da calidade do servizo e a adecuación aos intereses e necesidades dos usuarios e usuarias, é un dos elementos vertebrais da política de xestión de MeteoGalicia.

Actualmente, MeteoGalicia está a deseñar e implantar un ambicioso programa de aseguramento da calidade. Tal proceso abrangue todo o ciclo dende a captación ata a elaboración posterior dos datos que chegan aos seus usuarios e clientes. Estes labores completan os traballos de control de calidade que xa estaban en marcha anteriormente. Tal sistema de xestión está baseado nos principios da norma internacional UNE EN ISO 9001:2000.

Como queira que un dos obxectivos de tal sistema é a plena satisfacción dos nosos usuarios e usuarias e a anticipación ás súas necesidades e intereses, pregámoslle que cubra o cuestionario. Pode incluír todas as súas suxestións, intereses, necesidades e inquedanzas de xeito que logremos deseñar un servizo cada vez mellor e mais próximo aos cidadáns e cidadás de tal xeito que este servizo se poida realmente e en toda a súa dimensión, considerar servizo público.

De antemán grazas pola súa cooperación.

María Luz Macho Eiras

Subdirectora Xeral de Meteoroloxía e Investigación

Formulario de suxestións para a mellora contínua


Xestión da Calidade

O servizo de Observación meteorolóxica de METEOGALICIA da Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Investigación da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, está en fase de implantación dun Sistema de Xestión da Calidade segundo os requerimentos da Norma UNE-EN-ISO 9001:2008, co obxecto de obter o recoñecemento por medio da certificación que acredite o noso afán de cumprir coas expectativas dos nosos usuarios e usuarias, prestando un servizo de calidade.

Dentro das xestións que estamos levando a cabo, facilitámoslle un Cuestionario que nos permitirá coñecer a opinión que lles merecemos co fin de analizala de forma colectiva e promover a mellora continuada do noso sistema de xestión da calidade.


Logo Xunta 
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 1.3.0
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia